Artigos de usuario

Xa o dicía meu avó...

Enviado por omundil el Dom, 14/01/2007 - 01:35

Sindo González

C. ecuestre Deputación Provincial

A “paréntese” que sufriu a actividade ecuestre nos anos 70 e 80, propiciou que chegase a existir un certo grao de incultura hípica entre os novos afeccionados e propietarios. E todos nós, cando comezamos, escoitamos a voz dos máis vellos que tiñan “nado entre eles” e “pelexado toda a vida con eles”, o que lles infundía autoridade suficiente para darnos consellos de manexo. Nin que dicir ten que para eles o cabalo era realmente importante, non hai máis que comprobar cómo se lles enche a boca a algúns o antepoñerlles o adxectivo: un bo cabalo era moi apreciado. As recomendacións son unhas veces moi sabias e outras, de dubidosa eficacia, pero todas teñen a súa razón de ser. De só unhas poucas desas prácticas (a lista é inmensa) nos imos ocupar, aínda que moi brevemente, de seguido.

Prevención de cólicos

Enviado por omundil el Sáb, 13/01/2007 - 20:56

Entendemos por cólico (de colon) a dor intestinal que se presenta de maneira máis ou menos súbita e violenta. Seguramente non hai entre os afeccionados aos cabalos unha palabra que produza máis temor. E non lles falta razón, se temos en conta que entre un 70 e un 80 por cento das mortes de equinos por causas non naturais son debidas a esta padecemento.

A ferradura

Enviado por omundil el Sáb, 16/12/2006 - 19:21

Uso e inconvintes da ferradura

A aplicación xeral e sistemática da ferradura o casco dos animais de traballo non é consecuencia dun capricho extendido e perpetuado pola costume; comprendese que esta práctica non houbera acadado a difusión da que actualmente goza, tan grande, que e práctica universal e que son excepción os casos nos que se prescinde de-la, si non estivera imposta por unha necesidade e non ofrecera indiscutibles ventaxas.