Instalacións

Enviado por omundil el Dom, 14/01/2007 - 02:46

As instacións ecuestres O mundil: Un salto ó século XXI.

Recupera-lo cabalo e o seu mundo no seu aspecto máis lúdico é a pretensión da Asociación de Cabalistas O Mundil, unha entidade ubicada na localidade de Nogueiró, no concello ourensán de Cartelle. Para iso dispoñen dunhas instalacións de 60.000 metros cadrados, a disposición de todos aqueles que queiran disfrutar dun animal tradicionalmente ligado á vida agrícola e gandeira de moitos lugares de Galicia.

 

A ASOCIACIÓN

O cabalo, anos atrás moi ligado á vida agrícola e gandeira destas terras, presente en moitos domicilios e utilizando primordialmente como medio de transporte, foi pouco a pouco desaparecendo a medida que desapareceron vellas prácticas e oficios e aparecen novos medios de transporte.

É a inquietude e vontade dunhas cantas persoas que leva a crear, no ano 1998, na localidade de Nogueiró do Concello de Cartelle, a Asociación de Cabalistas"O Mundil" (asociación integrada actualmente por máis de cen socios) coa pretensión de recupera-lo cabalo e o seu mundo, entendido agora como un medio inmellorable para o coñecemento do entorno natural, o gozo do ocio e tempo de lecer e a práctica, polo tanto, dun fermoso deporte que, complementario a outras iniciativas, potencie o desenvolvemento do turismo rural na zona.

INSTALACIÓNS E SERVICIOS

O Centro Ecuestre O Mundil está situado na localidade de Nogueiró do Concello de Cartelle, nuns terreos de 50.000 metros cadrados situado na marxe dereita da estrada que une Outomuro con Ramirás, no que hai as seguintes instalacións:

  • Pista cerrada de velocidade de 500 metros de longo por 10 metros de ancho con valado de madeira.
  • Picadeiro de 40 x 20 metros, con valado de madeira.
  • Picadeiro de 65 x 40 metros, con valado de madeira.
  • Picadeiro pechado de 40 x 20 metros con
  • Zona de carga e descarga, con aparcadoiro para camións e vans.
  • Zona arbórea para descanso dos animais.
  • Comedeiros e bebedoiros
  • Edificio de cortes para cabalos, con 30   prazas de 3 x 3 metros cada unha ( Servicio de alugamento (prezos en tarifas).
  • Garda arneses
  • Vestiario
  • Cafetería con terraza
  • Enfermería
  • Palleiro
  • Oficina
  • 2 Bungalow
  • Explanada para instalación de carpas de uns 3.000 metros cadrados
  • Aparcadoiros para 1.000 vehículos.

ACTIVIDADES

A asociación de Cabalistas O Mundil desenvolve dende a súa creación no ano 1998 distintas actividades, entre as que podemos destacar:

1.- Festa anual do cabalo (Mundilcabalo):

Festa de exaltación do cabalo, na que hai unha masiva participación da poboación do concello e zona limítrofes na que se levan a cabo distintas actividades relacionadas co mundo do cabalo como Marcha Técnica, Andadura (proba valedoira para o Campionato Galego), ponis para os nenos, Demostración de doma, carreira de burros, carreiras de cabalos, morfoloxía cabalo do monte, toda clase de doma, rexoneo, toros, baile..., horseball, comida popular, etc.

2.- Participación na Copa Padroado Provincial de Turismo de Rotas a Cabalo:

Trátase de que os xinetes aprendan, a maiores de tomar parte nunha competición deportiva, a utilizar de modo relaxado e precavido os camiños, contemplando a paisaxe e a natureza, tendo en conta a conservación do medio ambiente e maila seguridade vial respectando ós demais usuarios.

3.- Organización de paseos a Cabalo:

Trátase de descubrir lugares distintos do Concello de Cartelle e zonas limítrofes, recorrendo antigos camiños, vivindo a natureza dunha forma diferente, utilizando unha das formas máis antigas de viaxar: ó lombo dun cabalo.

4.- Asistencia a festas típicas, romarías e feiras:

Utilizando o cabalo como medio de transporte de mesmo xeito que antigamente: feiras de Cartelle, romarías das Marabillas, do San Miguel, do San Bartolomeu, etc. Trátase de promove-las festas, romarías e feiras do Concello de Cartelle, así como o cabalo como medio de transporte recuperando vellas sensacións.

5.- Cursos de iniciación e perfeccionamento á equitación para o fomento do deporte hípico ( prezos en curso de equitación).

Realización de cursos de iniciación e de perfeccionamento á equitación para o fomento do deporte hípico.

6.- Edición dunha revista:

Sobre o mundo do cabalo e a promoción turística do noso concello cunha tirada de 1.000 exemplares.