Saudo do presidente

Afortunadamente un ano máis podo dirixirme a todos ustedes mo meu nome e no dos meus compañeiros da Asociación de Cabalistas que me honro en presidir.

Que o poida facer significa que seguimos vivos e que seguimos sendo capaces de afrontar o reto de organizar un ano máis a nosa festa, pese a todos os inconvintes, contratempos, dificultades e como non pese a crisis económica.

Nesta quero facervos participes dalgunhas consideracións e reflexións que me fago. A primeira, a propósito da grave crisis económica que vivimos, refirese a que ao mundo do cabalo tamén chegou. Cun gran esforzo presentamos unha festa un pouco máis modesta, que se realiza polo tesón e traballo de moitos, e porque contamos co apoio incondicional dos nosos socios, veciños, amigos, anunciantes e institucións públicas. Pero dito esto, debo dicir tamén que estamos convencidos que vai a estar a altura das edicións anteriores.

A crisis no caso da asociación, fixonos agudizar o inxenio e a imaginación co obxetivo de seguir disfrutando da naturaza, do cabalo case como unha filosofía de vida, e como non podía ser doutra maneira de seguir apostando por dar a coñecer o noso concello, os nosos recursos turísticos, naturais e paisaxísticos, e xerar oportunidades de negocio no entorno. Neste sentido debo resaltar a inauguración da Área de Autocaravanas O Mundil, con especial mención ós eventos organizados, que supuxeron que ó longo do 2008 pasaran mais de 2.000 persoas polas nosas instalacións (perdonen a inmodestia pero actualmente é a mellor de Galicia)

Esta actividade xunto coa continuación das actividades hípicas que levamos desenvolvendo ano tras ano fan un conxunto do que nos sentimos moi orgullosos. Por citar, como sempre o fago, podo destacar as rutas técnicas a cabalo por todo o noso Concello e limítrofes.

Remato, e como todolos anos, e como ven sendo tradición, darvos as gracias a todos os asistentes á festa, gracias aos socios, gracias os meus colaboradores, a maravillosa xente do concello de Cartelle, e como non ós meus veciños de Nogueiró, aos que sempre lles seguirei agradecendo o que nos apoian e fan por nós.

Espero que esta festa e as novas instalacións sexan do voso agrado. VOS SODES OS QUE FACEDES A FESTA ANO A ANO COA VOSA PRESENCIA E PARTICIPACIÓN.

 

Presidente da Asociación de Cabalistas “O Mundil”

Jaime Sousa Seara.

 

TEMA: